Tangata
Formación que leva en activo máis de 25 anos de xeito ininterrumpido.
Creada no ano 1988 arredor da figura de Artigas Anelo, bandoneonista do grupo e fundador do mesmo.
Ao longo destas dúas décadas o grupo evolucionou pasando de ser un trío (bandoneón, piano e contrabaixo) a consolidalo como cuarteto coa incorporación do violín.
O repertorio de Tangata é xa moi extenso, contando na actualidade con máis de 100 temas para os que Tangata conta con arranxos feitos exclusivamente para este cuarteto. Nos seus concertos o grupo fai un repaso pola historia do tango e interpreta dende os temas máis clásicos de músicos como Eduardo Arolas ou mesmo Gardel ata os máis modernos e innovadores do gran bandoneonista Astor Piazzolla. Tamén durante este tempo existiu unha parte de investigación e creación e Tangata conta con temas de creación propia.
Tangata ten participado en importantes Festivais de Música e Certámenes de Tango de gran proxección internacional e ten recibido moi boas criticas e loanzas, sendo considerado un dos grupos de tango máis importantes da Península Ibérica e ocupando un lugar destacado nas formacións que se dedican a este xénero en toda Europa.
Nestes 20 anos de traballo Tangata editou tres cd´s. O primeiro deles “COMO EN OCTUBRE” foi gravado dez anos despois da súa creación no ano 1988.
Logo deste primeiro traballo discográfico o grupo meteuse de novo no estudio para gravar “TRECE”. O seu traballo máis recente, “CALAMBRE”, foi gravado en 2007 e viu a luz un ano máis tarde, a comezos de 2008.
O cuarteto Tangata está composto por:
ARTIGAS ANELO: bandeonista uruguaio cunha longuísima traxectoria como músico de tango tendo tocado con algunhas das máis importante orquestras de Montevideo e acompañando a algún dos máis importantes cantantes de xénero ; chegou a ser requirido por Mario Camus como asesor cinematográfico para a película deste “La vieja musica”. No ano 2005 foi invitado pola Orquestra Sinfónica de Montevideo a participar nunca serie de concertos dedicados ó tango.
LAURA QUINTILLÁN: violinista tamén uruguaia que ten a honra de ser fundadora do grupo Milladoiro. Foi becada pola UNESCO e obtivo varios premios de Concursos de Xuventudes Musicais e na embaixada alemana en Uruguai. Na actualidade é profesora no Conservatorio Superior de Música de Vigo logo de exercer esta actividade nos Conservatorios de Santiago e A Coruña.
ALBERTO VILAS: Pianista e actualmente exerce a súa actividade no Conservatorio de Pontevedra, logo de facelo nos de Lugo e Vigo. É xunto con Artigas Anelo un dos membros máis antigos de Tangata. Estudiou Piano e Composición no Conservatorio Superior de Vigo e ten gravado cd´s de musica de cámara e composto e gravado música para varios documentais. Moi interesado no Jazz participa en moitísimos cursos de formación impartidos por prestixiosos músicos do panorama internacional e en moitos concertos dedicados a esta musica.
GUSTAVO ADOLFO BARCIA: Contrabaixo. É o ultimo en incorporarse a Tangata facéndoo no ano 1998. É un musico incansable que participa e colabora con todo tipo de formacións tocando moi diferentes xéneros que poden ir da Clásica ao Folk. E por suposto ó Tango. Desenvolve unha importante labor pedagóxica nas Bandas-Escolas de Música. Estudiou Contrabaixo no Conservatorio Superior de Vigo e na actualidade é profesor no Conservatorio de Ourense, séndoo con anterioridade en Ferrol.