BIOGRAFÍA
Músico de formación clásica, nas súas orixes estudiou piano e composición no Conservatorio Superior de Música de Vigo.
Forma parte dende moi novo de varios grupos de rock, e é un dos membros máis antigos do prestixioso cuarteto instrumental de tango Tangata xunto con Artigas Anelo, Laura Quintillán e Gustavo A. Barcia, formación ca que ten gravados tres álbums: “COMO EN OCTUBRE“, “TRECE“ e “CALAMBRE“ e ca que ten percorrido toda a xeografía galega e boa parte da de España e Portugal.
Ten tamén gravado un CD,“Escenas Latinas “, a dúo co tubista Eduardo Nogueroles.
Así mesmo, é autor e intérprete da música dos documentais de Fernando Carreira “O imperio Téxtil“ e “Manolo Barros, un Rebelde de Aceiro“.
Realizou varios cursos de música e grafías contemporáneas coa prestixiosa pianista francesa Martin Joste (colaboradora de John Cage) ,así como cursos de especialización pedagóxica ca tamén prestixiosa pedagoga arxentina Violeta Hemsy de Gainza.
Moi interesado polo Jazz adéntrase nese mundo da man do pianista Manuel Gutiérrez para continuar logo formándose no Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra con Paco Charlín e Abe Rábade participando en tódalas actividades que alí se lle ofrecen: master class, concertos, gravacións de cd´s, etc. Así mesmo foi becado para estudiar no Workshop “Tavira en Jazz“ no Algarve Portugués.
Recibiu formación de músicos como:
Perico Sambeat, Miguel Zenón, Jaleel Shaw, Marcus Strickland, Donald Edwards, Walter Smith III, Jonh O¨Gallagher, Alán Ferver, Russ Lossing, Aruán Ortiz,Jonathan Kreisberg, Ambrose Akinmushire, Jonathan Blake, Brannen Temple, Jesús Santandreu, Carlos Barreto, Filipe Melo, Joao Moreira, Mike Moreno, E.J.Strickland, Josh Ginsburg, Lage Lung, Demian Cabaud, Guim G. Balasch, Pablo Martín, Arturo Serra, Logan Richardson, Sam Harris, Tommy Crane, Greg Ruggiero,Taylor Eigsty e Joe Sanders entre outros.
Compartiu escenario con músicos da talla de Bobby Martínez, Marc Ayza, Nuno Ferreira, Ramón Cardo, Carlos Martín ou Chris Kase e participou no Canjazz 2010 xunto a Marc Ayza, Vicente Macián, Virxilio da Silva e Juyma Estevez e tamén na cuarta edición do Nigrán Jazz presentando os seus propios temas con Alberto Vilas Quinteto. Con esta formación percorren prácticamente todo-los grandes festivais de Jazz da Galiza como o Imaxinasons de Vigo, Vía Stellae de Compostela, Nigranjazz, Festival de Jazz de Lugo ou Festival Internacional de Jazz de Pontevedra no 2013.
Tamén con este quinteto foron seleccionados pola AIE para unha xira polo estado español que terá lugar na primaveira do 2014.
Neste ano 2014 participan co Alberto Vilas Quinteto na maratón de jazz do Ciclo 1906 celebrada na Praza da Quintana de Santiago de Compostela.
En febreiro 2015 participa á fronte do seu propio cuarteto no Gastrofestival celebrado no Conde Duque de Madrid durante tres días consecutivos.
No verán de 2015 toca no Imaxinasóns (Festival de jazz de Vigo) co trío liderado polo contrabaixista Juyma Estévez presentando o cd debut do mesmo que gravaran meses atrás titulado “OCÉANOS DE PORCELANA“.
Ese mesmo ano 2015 entra a formar parte do grupo do polifacético Tatán (actor,titiriteiro,cantante....) e gravan “CHAPEU“ e presentanno Culturgal 2015. Con esta banda xa levan percorridos muitos lugares da xeografía galega e de Portugal.
No verán de 2016 volta ao Festival de Jazz e Blues de Pontevedra desta volta formando parte da Pontejazz Big Band dirixida por Jesús Santandreu.
Tamén no 2016 volta ao Imaxinasons desta volta para presentar o seu terceiro trabalho discográfico en formato cuarteto e que leva por título “UBUNTU“ que tamén presentarán no Festival de Jazz de Ponteareas entre outros muitos lugares.
No ano 2016 escribe e grava a música para a película documental ‘‘SEMITONOS“ sobre a vida e a obra do pintor Fernando Morales,escrita e dirixida por Pancho Salmerón.
Como compositor, intérprete e leader do seu propio grupo grava ata o momento tres traballos discográficos: “EXPERIANZA“ (2011), “CRÓNICA CROMÁTICA“ (2014) e “UBUNTU“ (2016)
Colabora ao mesmo tempo con outros proxectos como músico freelance e participa na gravación do cd “ALEGRÍA“ de Sergio Tannus, “DESERTO DE CENTOS“ de Sonia Lebedinsky ou “Cantos da Ialma“ de Xulio Lorenzo.
Tamén é colaborador asiduo da gran cantante galega Uxía á que acompaña tanto ao vivo coma en gravacións da mesma.
En maio de 2017 recibe o Premio MARTÍN CÓDAX da Música na categoría de Música clásica-contemporánea polo seu trabajo "UNIVERSO LEM".
É convidado polo acordeonista afincado en Nova Iorque de onixe galega ,Víctor Prieto ,a tocar na presentación do seu disco "THE THREE VOICES" celebrado no Teatro Principal de Ourense en xullo de 2017 onde comparte escenario ademáis de co propio Víctor Prieto,tamén co gran saxofonista de Missouri afincado en Nova Iorque, Chris Cheek, e o contrabaixista alemán Hanns Höhn, o batería alemán Benno Sattler e a violinista galega Sara Casasnovas.
Na actualidade é profesor de piano e pianista acompañante do departamento de Canto no Conservatorio Profesional de Música “Manuel Quiroga“ de Pontevedra logo de ter exercido a súa laboura profesional como docente nos Conservatorios de Lugo e no Superior de Vigo.


