top of page

Alberto Vilas Quinteto

Formación que nace no ano 2009 arredor do pianista Alberto Vilas, autor de tódalas composicións que conforman o repertorio do grupo.

Está composto polo extraordinario e inconfundible saxofonista siciliano Rosolino Marinello, unha das figuras claves que emerxeron na guitarra do jazz galego nos últimos anos, Felipe Villar, a solidez e a increíble musicalidade dun dos contrabaixistas fundamentais dentro do jazz feito na Galiza como é Juansy Santomé, a sabiduría de anos de experiencia en moi diversos campos da música de Javier Barral que fai da batería un instrumento que adorna,colorea,acompaña sempre sabendo cal ten que ser o seu lugar,e polo propio Alberto Vilas ,músico de formación clásica nas súas orixes e cunha amplísima experiencia na composición e no traballo en grupo, no piano.

  A finais do ano 2010 deciden meterse no estudio de grabación para rexistrar o que ía se-lo seu primeiro traballo                            como quinteto. Este primeiro álbum vería a luz en decembro de 2011 e levaría por título “EXPERIANZA”,editado                              polo selo AZOS JAZZ.

 

A magnífica acollida que tivo este traballo levou ao quinteto a participar nos máis prestixiosos festivais adicados ao jazz e outras músicas dos que que se celebran na Galiza. Así formaron parte dos cartaces do Imaxinasons 2012 de Vigo,Via Stellae 2012 de Compostela, Nigranjazz 2012, Festival Internacional de Jazz de Lugo 2012, XXI Festival Internacional de Jazz de Pontevedra, ou no I Seminario Internacional de Musicoterapia e Jazz celebrado en Ourense en setembro de 2013.

 

Recentemente o grupo foi seleccionado polo AIE para a realización dunha xira de concertos polo estado español dentro do circuíto AIEnruta.

 

Na primavera de 2014 sae á luz o último traballo do Quinteto: "CRÓNICA CROMÁTICA". O álbum foi grabado nos estudios Boom de Gaia, Porto coas composicións de Alberto Vilas. Cabe destacar a importancia do soporte físico deste álbum: o magnífico traballo do deseñador gráfico Jose María Arrizabalaga, xunto coas impoñentes fotografías de Juan Luis Amado e a aportación artística de Lolo Nantes, fan que o disco sorprenda tanto á vista e ó tacto coma ó oído.

 

bottom of page