top of page

Alberto Vilas Quinteto

A finais do ano 2010 deciden meterse no estudio de grabación para rexistrar o que ía se-lo seu primeiro traballo                            como quinteto. Este primeiro álbum vería a luz en decembro de 2011 e levaría por título “EXPERIANZA”,editado polo selo AZOS JAZZ.

 

A magnífica acollida que tivo este traballo levou ao quinteto a participar nos máis prestixiosos festivais adicados ao jazz e outras músicas dos que que se celebran na Galiza. Así formaron parte dos cartaces do Imaxinasons 2012 de Vigo,Via Stellae 2012 de Compostela, Nigranjazz 2012, Festival Internacional de Jazz de Lugo 2012, XXI Festival Internacional de Jazz de Pontevedra, ou no I Seminario Internacional de Musicoterapia e Jazz celebrado en Ourense en setembro de 2013.

 

Na actualidade o quinteto está centrado na grabación do que será o seu segundo cd,algo que pensan levar a cabo neste mesmo outono-inverno.

 

Recentemente o grupo foi seleccionado polo AIE para a realización dunha xira de concertos polo estado español dentro do circuíto AIEnruta.

 

Formación que nace no ano 2009 arredor do pianista Alberto Vilas, autor de tódalas composicións que conforman o repertorio do grupo.

Está composto polo extraordinario e inconfundible saxofonista siciliano Rosolino Marinello, unha das figuras claves que emerxeron na guitarra do jazz galego nos últimos anos, Felipe Villar, a solidez e a increíble musicalidade dun dos contrabaixistas fundamentais dentro do jazz feito na Galiza como é Juansy Santomé, a sabiduría de anos de experiencia en moi diversos campos da música de Javier Barral que fai da batería un instrumento que adorna,colorea,acompaña sempre sabendo cal ten que ser o seu lugar,e polo propio Alberto Vilas ,músico de formación clásica nas súas orixes e cunha amplísima experiencia na composición e no traballo en grupo, no piano.

Está Sonando Experianza...

© 2014 by Saínza Martínez

bottom of page