
Alberto Vilas
Está Sonando Experianza...
BIOGRAFÍA
Músico de formación clásica, nas súas orixes estudiou piano e composición no Conservatorio Superior de Música de Vigo.
Forma parte dende moi novo de varios grupos de rock, e é un dos membros máis antigos do prestixioso cuarteto instrumental de tangoTangata xunto con Artigas Anelo, Laura Quintillán e Gustavo A. Barcia, formación ca que ten gravados tres álbums e ca que ten percorrido toda a xeografía galega e boa parte da de España e Portugal. Ten tamén gravado un CD,“Escenas Latinas “, a dúo co tubista Eduardo Nogueroles.
Así mesmo, é autor e intérprete da música dos documentais de Fernando Carreira “O imperio Téxtil“ e “Manolo Barros, un Rebelde de Aceiro“.
Realizou varios cursos de música e grafías contemporáneas coa prestixiosa pianista francesa Martin Joste(colaboradora de John Cage),así como cursos de especialización pedagóxica ca tamén prestixiosa pedagoga arxentina Violeta Hemsy de Gainza.
Moi interesado polo Jazz adéntrase nese mundo da man do pianista Manuel Gutiérrez para continuar logo formándose no Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra con Paco Charlín e Abe Rábade participando en tódalas actividades que alí se lle ofrecen: master class, concertos, gravacións de cd´s, etc. Así mesmo foi becado para estudiar no Workshop “Tavira en Jazz“ no Algarve Portugués.
Recibiu formación de músicos como:
Perico Sambeat, Miguel Zenón, Jaleel Shaw, Marcus Strickland, Donald Edwards, Walter Smith III, Jonh O¨Gallagher, Alán Ferver, Russ Lossing, Aruán Ortiz,Jonathan Kreisberg, Ambrose Akinmushire, Jonathan Blake, Brannen Temple, Jesús Santandreu, Carlos Barreto, Filipe Melo, Joao Moreira, Mike Moreno, E.J.Strickland, Josh Ginsburg, Lage Lung, Demian Cabaud, Guim G. Balasch, Pablo Martín, Arturo Serra, Logan Richardson, Sam Harris, Tommy Crane, Greg Ruggiero,Taylor Eigsty e Joe Sanders entre outros.
Compartiu escenario con músicos da talla de Bobby Martínez, Marc Ayza, Nuno Ferreira, Ramón Cardo, Carlos Martín ou Chris Kase e participou no Canjazz 2010 xunto a Marc Ayza, Vicente Macián, Virxilio da Silva e Juyma Estevez e tamén na cuarta edición do Nigrán Jazz presentando os seus propios temas con Alberto Vilas Quinteto. Con esta formación percorren prcticamente todo-los grandes festivais de Jazz da Galiza como o Imaxinasons de Vigo,Vía Stellae de Compostela, Nigranjazz, Festival de Jazz de Lugo ou Festival Internacional de Jazz de Pontevedra no 2013. No 2014 está previsto que vexa a luz o seu segundo traballo como quinteto.
Tamén con este quinteto foron seleccionados pola AIE para unha xira polo estado español que terá lugar na primaveira do 2014.
En setembro de 2013 foi invitado en calidade de profesor ó I Seminario Internacional de Jazz e Musicoterapia celebrado en Ourense, onde participaron grandes músicos como Jorge Rossi.
Na actualidade é profesor de piano e pianista acompañante do departamento de Canto no Conservatorio Profesional de Música “Manuel Quiroga“ de Pontevedra logo de ter exercido a súa laboura profesional como docente nos Conservatorios de Lugo e no Superior de Vigo.